
E aquí está a cidade
entraña do oeste
áncora de mercurio
rumorosa
raigame, sesta redonda
ledicia, rosárida
iracundia do sol, solicultora
lasca de estrela e brúxula perdida
vagalume do luar onde rosma
a coroa profunda da noite
e acampa a estrondosa caravana.
Extínguese lentamente a memoria
onde se fixeron troco e burdel
as hordas comarcais.
Xa non as facianas arduas
que ían coa súa mellor mazadura,
cando tivemos río, río adentro,
hacia a agochada cartucheira da tribo veciña;
e xa non a verba augaprestada
onde pola salitre
dánola hoxe perdoa as nosas débedas,
digamos, por exemplo,
non se soubo por que,
fomos privilexiados
coa rabia morriñenta;
nin o mediodía de ascuas verticais
baixo o que as distancias se derretían
e ondeaba a deshora
xunto ás benvidas deshonrosas
e as fecundas temperaturas da cervexa;
nin o pulso sobre o ermo dos cántaros de opio
e os seus eclipses;
nin aquelas emigrantes
de lonxanísimo cuspe familiar
gastándose os últimos zapatos e a primeira perda...
Doutros testudos quefaceres
dos seus vitais zumes constructores,
brota agora a vida
como brazo quente sobre o ombreiro,
polo que cada habitante do deserto
é un irmán novo.
Herdanza de sopores,
vella queixa de indio cucapab
que reencontra a súa sombra,
esta cidade non é xa o futuro esvaecido;
é o presente domeñador da auga,
ollo das comportas e do estío,
fillárida do xubileo ao servizo da estación vibrante
baixo a cal morreron, rexurdiron, ennegrecéronse, insoláronse,
consumíronse, mentaron nais, fixéronse inmortais,
tantos e máis abriron espellismos,
fendas e bolboretas, estrelas e atafegos,
flores lenes e pombas,
un espertar de ruídos e arrecendos
no asfalto, no pó, no aire ácedo
desta cidade áurea e clarísima,
sempre inédita, párvula e solidaria,
San Luis Río Colorado,
fermosa e violentamente trunfal,
onde traio estas verbas fraternais,
baixo a vixiancia de Adalberto Sotelo,
Óscar Corrales, Enrique e Eliseo Bojórquez,
homes encabronadamente terrenais,
pero agora
baixo custodia, prescripción, precariedade e manoseo
definitivamente
celestiais.
(Deserto maior, 1980. Abigael Bohórquez, poeta de Sonora, México)
Cambio San Luis Río Colorado por Santiago de Compostela e sinto o mesmo. Hoxe, no Día de Galicia, 25 de xullo. Compostela, rumorosa, raizame da infancia, mar de rochas, cidade á que sempre quero voltar.