Pois así foi. E o tempo pasa, e os blogues non se actualizan sós, e pensa un que -Eclesiastés?- hai un tempo para cada cousa. Agora nin actualizo a bitácora de "Un de Comoxo", e case non entro no facebook. E iso que retomei con ansias a vida como lector grazas ao Kindle! Mais: a quen lle interesa o que eu poida dicir? Coa barafunda de cambios na miña vida, coa lea do cotiá, atendendo a tantos lumes, realmente podo pararme e pensar no que se move arredor?
Neste 2015 inda pode cambiarnos máis a vida, cun posible traslado a Santiago, a vivir. De volta á vella aldea grande de onde non debín saír máis que de vacacións. Quen sabe?
Se me dá outro arrebato cóntolles máis. Nunca sabe un a quen atopa por aquí. Inda hoxe me enterei -e emocionei- do de Marga Gil Roësset. Non sabedes esas persoas que non viviron na túa época pero que pagarías por coñecer? Ela acaba de sumárseme a ese grupo.
A miña filla Maite, obsesionada con Spiderman
